
O Consello Regulador da D.O. Valdeorras participa este luns en Madrid no primeiro “Salón de Medallas UEC”, unha iniciativa organizada pola Unión Española de Catadores que reúne, por primeira vez nun único evento, a máis dun centenar de etiquetas premiadas nos dous concursos vinícolas máis importantes de cantos se celebran en España: o Concurso Internacional Bacchus e o Concurso Nacional de Viños Xoves.
O Hotel Princesa Plaza da capital española é neste 14 de outubro o escenario elixido para a celebración deste salón, ao que o Consello Regulador acude cun total de once referencias de nove adegas amparadas pola Denominación de Orixe Valdeorras.

“Esta iniciativa da Unión Española de Catadores xurde coa intención de poñer en valor os logros alcanzados polos productores de viño, e darlles un maior protagonismo dentro dun entorno que combina tradición e modernidade”, dinde dende o CRDO Valdeorras.
Un total de 26 stands, entre os que figura o da D.O. Valdeorras, forman parte do percorrido pola xeografía vinícola española desta mostra. As propostas provintes de España tamén están presentes con viños de Moldavia, Uruguai e Chile, que poñen o acento internacional a esta cita.
Fotos cedidas.