A GudiñaConcellosÚltima hora

A Deputación colaborará coa Gudiña con máis de 700.000 euros durante todo o mandato para proxectos de transformación do municipio

 

Dentro da rolda de contactos que o presidente provincial está a manter cos alcaldes e alcaldesas de todos os municipios de Ourense, Luis Menor reuníase nesta semana no Pazo Provincial co rexedor da Gudiña, Néstor Ogando.

No encontro fixeron un repaso ás achegas que o concello ten percibido da Deputación, como a dotación do Plan CooperOU con 169.000 euros para este ano. Unha cantidade que se elevará ata máis de 700.000 euros ao remate do mandato e que permitirá executar proxectos de transformación dentro do concello”, tal e como explica Menor. Tamén apuntou o presidente provincial outra das axudas recibidas, desta volta para a execución dunha cuberta na pista de pádel por importe de 40.000 euros.

Ademais, os representantes de ambas institucións acordaron intensificar a colaboración con subvencións concedidas por outras administracións, como é o caso da mellora das instalacións do centro de saúde.

Artigos relacionados

Back to top button