PolíticaÚltima hora

A Deputación convoca á comisión para xestionar o arranxo da estrada vianesa de San Agostiño

A agrupación socialista de Viana confía en que neste encontro, previsto para o 19 de decembro, se poidan establecer “os prazos e as achegas que permitirán o arranxo da citada estrada”

 

Imaxe do firme da estrada de San Agostiño en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

A comisión municipal constituída en Viana do Bolo (a iniciativa do grupo socialista) para xestionar o arranxo da estrada de San Agostiño vén de ser convocada a unha reunión na mañá do vindeiro mércores, día 19 de decembro na Deputación Provincial de Ourense.

“Nesta xuntanza e por parte da Deputación, darase conta dos acordos aos que ten chegado este organismo e máis a empresa propietaria deste vial, Endesa (actualmente ENEL), de cara a establecer os prazos e as achegas que permitirán o arranxo da citada estrada”, adiantan dende a agrupación socialista de Viana do Bolo

Os socialistas vianeses tamén aseguran que “non dubidamos de que o ben facer e o interese amosado pola Deputación coa iniciativa motivo da comisión, nos vai levar a acadar un acordo satisfactorio de cara a solucionar o lamentable estado no que se atopa iste transitado vial”. Neste senso, confían en que “o resultado da xuntanza, sexa un bo agasallo para estas vindeiras Festas de Nadal e que, o mércores, poidamos confirmalo”.

Artigos relacionados

Back to top button