ConcellosQuirogaÚltima hora

A derradeira sesión plenaria do 2021 en Quiroga conclúe cun brinde con viños do municipio

Publicidade
Brinde no pleno de Quiroga./ Cedida.

 

A corporación municipal de Quiroga vén de celebrar a derradeira sesión plenaria deste ano. O primeiro punto aprobado por unanimidade foi a ratificación do convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de todas as titulacións oficiais de grao e máster universitario impartidas na Universidade de Santiago de Compostela.

A continuación tamén se aprobaba por unanimidade a proposta da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial do dominio público local por instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos. Como explicaba o alcalde, Julio Álvarez, esta ordenanza fíxase a través dun convenio coa Deputación Provincial que aprobarán a maioría dos concellos da provincia de Lugo para esixir que as empresas que aproveitan os recursos eléctricos do municipio, paguen algo máis por ese aproveitamento.

Por tratarse da derradeira sesión plenaria deste ano, e dadas as datas festivas, a Corporación municipal aproveitaba para felicitar as festas e o aninovo a veciñanza con viño das tres adegas de Quiroga, para “facer un brinde por Quiroga e polos quirogueses”.

Artigos relacionados

Back to top button