A Escola de Música conxunta dos concellos de Quiroga e Ribas de Sil, aos que tamén se uniu Folgoso do Courel, en colaboración coa Escola de Música Moderna de Monforte, porase en marcha o vindeiro mes de febreiro. Así se decidiu na xuntanza que esta mañá mantiñan entre os tres concellos e a escola de música.
Catro serán as especialidades coas que se vai comezar: guitarra, baixo e canto, que se impartirán en Quiroga; e piano e batería que se impartirán en San Clodio. As clases, nas que hai inscritos 25 alumnos, comezarán o vindeiro 8 de febreiro, desenvolvéndose todos os xoves, cun programa adaptado e especializado para cada alumno.
As actividades da escola inclúen tres festivais cada ano, que terán lugar de xeito rotatorio entre os tres concellos que forman parte do Xeoparque.