CulturaCulturaÚltima hora

A escultura de Cochorro, artista de Rubiá, exporase en Ourense a finais de novembro

Amosara unha selección da súa obra na última década no Centro Cultural Marcos Valcarcel a partir do 29 de novembro

O escultor Luis Fernández “Cochorro”, xunto a varias das súas pezas./ Foto: A.R.

 

Unha escolma da obra escultórida de Luis Fernández González “Cochorro”, natural de Rubiá, poderá verse neste outono no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, tal e como se anuncia na páxina desta sala.

Este creador leva case medio século dedicado á escultura na súa Valdeorras natal e nesta mostra amosará unha escolma das obras da súa última década. Precisamente era hai dez anos cando expoñía por última vez no Centro Cultural da Deputación, co que esta nova exposición suporá un reencontro co público da cidade.

Nela poderá verse unha vintena de obra, tanto en pedra, sendo o mármore o seu referente principal, como en madeira, unha material co que volvía a traballar hai dous anos e no que agora está centrando boa parte do seu labor escultórico.

A inauguración da mostra de Cochorro está prevista para o vindeiro 29 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel, da Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button