CulturaCulturaÚltima hora

A espada da Idade de Bronce de Mouruás (Río), entre os eixos dun congreso internacional de patrimonio cultural

O seu título é "Xestión creativa e posta en valor do patrimonio cultural" e celebrarase a finais de abril en Río e Saborosa (Portugal)

 

No marco do proxecto European Celtic Roots (https://www.celticroots.eu/),organizado pola Associação de Historia e Arqueologia de Saborosa, o Concello de San Xoan de Río e a Asociación VerdeMente, o Congreso Internacional sobre Xestión Creativa e Valorización do Patrimonio Cultural terá lugar nos municipios de San Xoán de Río, o 23 de abril e Saborosa (Portugal), o día 24.

O obxectivo deste foro “é analizar e propoñer propostas para revalorizar e xestionar creativamente o patrimonio cultural e natural relacionado co universo cultural da idade dos metais (castros,espadas, penedos ou rocas sacras,…) nos municipios de San Xoán de Río e Sabrosa”, explican os organizadores.

O programa reúne a arqueólogos, museólogos, antropólogos e historiadores co empeño de servir á comunidade cun “Think Tank” que estude “in situ” os recursos patrimoniais para reunir propostas e ideas para sugestión creativa e buscando a maior rendibilidade social.

“Especialmente importante é tratar as relacións históricas con outras rexións europeas e o conglomerado simbólico-conceptual que se estudou baixo o debatido concepto “culturas e pobos celtas” e facer rede con centros e lugares englobados neste universo. Neste senso, a espada de Mouruás, unha espada de bronce de estilo Hemigkofen, datada entre o 800 e 1000 a.C. e atopada en na parroquia de Mouruás de San Xoán de Río, será unha clara protagonista do congreso”, adianta o Concello de Río.

Polo tanto, o proxecto European Celtic Roots contempla o irmandamento de San Xoán de Río (Ourense, Galicia) e Saborosa (Tràs-os-Montes-, Portugal) para colaboraren este esforzo de xestión e salvagarda do patrimonio cultural e natural deambos pobos. “Pensamos neste congreso como unha gran oportunidade para construír rede e expor proxectos internacionais que poidan reforzar as nosas sorganizacións. O 23 de abril celebraremos o día do libro coa inauguración da biblioteca conxunta entre San Xoán de Río e Saborosa, e o seu Fondo “Celta”.

As actividades co congreso desenvolveranse segundo o seguinte programa:

 

 

Back to top button