EconomíaEconomíaÚltima hora

A exitosa VII Exposición de Gando Vacún reúne a máis de 240 cabezas en Montederramo

 

Cifras récord na XXX Feira da Carne que se celebraba na xornada deste domingo 12 de outubro en Montederramo.

 

 

O acto central, o xantar popular, reunía a máis de 1.400 e a exposición de gando vacún organizada pola Asociación de Gandeiros de Montederramo en colaboración co Concello, a máis de 240 cabezas. A maioría vacas, especialmente de Montederramo e de razas Caldelá e Vianesa, pero tamén había cabalos e exposición de maquinaria agrícola.

 

 

O bo tempo que acompoñou á xornada contribuíu ao exito de asistencia desta mostra que vén de cumprir VII edicións, contando con xente da contorna e doutros concellos sa serra ourensá.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Máis de 1.400 persoas asisten á XXX Feira da Carne de Montederramo

 

Back to top button