Dun xento especial viven en Montederramo o Día do Pilar. A XXX Feira da Carne comezaba na tardiña do sábado coa entrada do gando no recinto da exposisión, seguida da actuación da Charanga CLK e do Dj Álex Prieto; e xa este domingo día 12 de outubro tiña lugar a VII Exposición de Gando Vacún xa dende as 1o horas con venda de carne local e entrega de obsequios ás gandarías; e o multitudinario xantar que batía recórd acollendo a máis de 1.400 persoas na praza do Concello para dar boa conta do menú.







En empanada, ao caldeiro e richada, son as tres formas nas que os asistentes á festa gastronómica puderon degustar este produto típico da zona de montaña da provincia de Ourense na carpa, aínda que tamén houbo xente que xantou en diferentes establecementos da vila. No menú tampouco faltou a bica de postre, nin o café e por suposto o viño da D.O. Valdeorras. A música, un ano máis corría a cargo das charangas: Nova de Trives e El Tattoo.







Entre os asistentes ao xantar, acompañando ao alcalde de Montederramo Óscar Diéguez, estaban alcaldes da contorna ademais do delegado da Xunta en Ourense Javier Pardo e do subdelegado do Goberno Eladio Santos, entre outras autoridades.



Fotos: Carlos G. Hervella.
A exitosa VII Exposición de Gando Vacún reúne a máis de 240 cabezas en Montederramo