Os maiores e a xente nova que ten participado nos programas de voluntariado xuvenil e sénior postos en marcha no Concello da Veiga durante o 2019 transmitíanlle as súas experiencias á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que durante esta tarde visitaba este municipio valdeorrés.
Así, os participante no programa de voluntariado xuvenil Veigavrao 2.0 realizaron actividades de educación medio ambiental e de educación e de animación infantil e xuvenil; así como intervencións relacionadas coa igualdade de xénero e o benestar das persoas maiores do municipio.
Cristina Pichel, que estivo acompañada do alcalde da Veiga, Juan Anta, destacaba a contribución destas persoas á dinamización da contorna a través das accións voluntarias que levaron a cabo.
Por outra banda, dentro do voluntariado sénior divulgouse a rede etnográfica da Veiga e fíxose un traballo de recuperación de cánticos populares.