CulturaCulturaÚltima hora

A exposición “Aquela nena de Sarria”, en Quiroga

 

Dende este luns pode visitarse na sala de exposicións Manuel María de Quiroga a exposición  “Aquela nena de Sarria”, mostra itinerante dedicada a Xela Arias, que estará nesta vila ata a vindeira semana.

Ao acto inaugural asistía o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; o concelleiro de Cultura, José Luis Rivera; e o xornalista Xulio Xiz, autor xunto a Antonio Giz do libro que leva o mesmo nome desta exposición, “Aquela nena de Sarria”. Nel aborda a infancia e presta especial atención a súa familia.

En Sarria foi onde pasaba os primeiros anos da súa vida Xela, de onde eran orixinarios seus pais, logo marcharía para Lugo, e estes serían os lugares que marcarían o carácter determinante na vida e na obra desta muller, cunha capacidade reveladora que só posúen as grandes poetas.

A mostra está organizada polo colectivo Egeria co patrocinio da Xunta de Galicia, a través do programa o Teu Xacobeo. Está composta por una ducia de paneis ilustrados con fotografías persoais e debuxos, que relatan a vida e a obra da poetisa á que este ano se lle adicou o Día as Letras Galegas. A exposición inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias.

A exposición, que percorreu xa 47 concellos galegos, pasando nalgúns deles por centros educativos, poderase visitar en Quiroga ata mediados da semana que vén.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button