Coincidindo coa celebración da festa de San Roque no barrio do mesmo nome do Barco, un veciño da zona, Antonio Regueiro, convidaba aos seus amigos a un vermú e unha petiscada na súa casa, despois da procesión e da misa. Na celebración non faltaba a música das gaitas (dos Gaiteiros do Alén), nin tampouco, pola tarde, unha competición de mus.
Fotos: O SIL.

17 de Agosto de 2024














