CulturaCulturaÚltima hora

A Festa dos Maios do Barco remata con teatro e moitos premios

 

Con “Historias para escagharriñarse” de Gazafelhos, unha proposta teatral para público familiar, iniciábase a programación da tarde na Festa dos Maios do Barco. Numerosas persoas, de todas as idades, desfrutaban deste espectáculo marcado polo humor e a interacción co público.

 

 

E, xa ás 19h. facíanse públicos os resultados do concurso de Maios e coplas, dando paso á entrega de premios do Concello do Barco e tamén do mellor Maio do voto aberto do Barco Centro Comercial Aberto, que nesta edición correspondíalle ao Colexio Divina Pastora. Ademais sorteábase un vale de compra entre os participantes nese voto.

No caso do concurso de Maios e Coplas do Concello, “tendo en conta as categorías establecidas nas bases do concurso, as inscricións realizadas, así como os contidos que entregaron os concursantes en tempo e forma, e despois de sumar os puntos outorgados a cada participante en cada unha das categorías, procede resolver o concurso e asignarlles os premios as persoas ou entidades que se indican a continuación”:

Maio tradicional ou enxebre:
(Maio construído consonte a tradición: con madeira, tea de saco, xestas, flores,…)

1º premio de 350€ a ANPA Aturuxo Julio Gurriarán (40PUNTOS)
2º premio de 300€ a CEIP Ramón Otero Pedraio ( 39PUNTOS)
3º premio de 200€ ao CEIP P. Condesa ( 33,5PUNTOS)
1º accésit de 100€ á ANPA colexio Divina Pastora (33 PUNTOS)

Maio artístico ou figurativo:

1º premio de 350€ ao ANPA Colexio Ramón Otero Pedraio (38 PUNTOS)
2º premio de 300€ a ANPA Aturuxo Julio Gurriarán ( 37PUNTOS)
3º premio de 200€ ao CEIP P.Condesa de Fenosa ( 36 PUNTOS)
1º accésit de 100€ a ASFAVAL (31 PUNTOS)

Coplas cantadas:
Composición orixinal, escrita e cantada, en estrofas (mínimo 12) de catro versos nas que riman os pares.

1º premio de 250€ CEIP P.Condesa de Fenosa ( 36,5 PUNTOS)
2º premio de 150€ ANPA Colexio Divina Pastora ( 36 PUNTOS)
1º accésit de 75€ ao ANPA Aturuxo Julio Gurriarán ( 35,5 PUNTOS)
2º accésit de 75€ ao CEIP Ramón Otero Pedraio (35 PUNTOS)

Fotos: A.R.

 

 

 

 

Back to top button