
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia vén de facer pública a relación de receitas finalistas do “Cociña con Castaña de Galicia, XV edición”. A final deste concurso celebrarase na Aula de Cocina Porto-Muiños (Praza Casares Quiroga, 5, Cambre, A Coruña) o xoves 24 de xullo a partir das 17:00 h.
Dende a IXP maniféstanse os seus “parabens a todos os participantes” e tamén a satisfacción polo uso e a gran capacidade para crear pratos tradicionais e innovadores con IXP Castaña de Galicia.
Os finalistas desta edición foron seleccionados entre afeccionados, estudantes de hostalaría, blogueiros, amantes da cociña, e son os seguintes:
Categoría de cociña salgada
1. Carla Matalobos Valdés – “Lubina, salsa ligera de Castaña de Galicia y pastel de patata y Castaña de Galicia”
2. Cristina Conde Rodríguez – “Salmorejo con Castaña de Galicia”
3. Sebastián Ibáñez Perdomo – “Hamburguesa de bonito con Castaña de Galicia”
Categoría de cociña doce
1. Veronika Viadelová – “Galleta de Castaña de Galicia con corazón de marron glacé”
2. Emilia Piedra Iglesias – “Tarta crujiente de Castaña de Galicia, chocolate y palomitas”
3. Esther Roca Fandiño – “Tronco de Castaña de Galicia”
Categoría de estudantes de cociña
1. Ana Belén Pérez – “Cocido thai con Castaña de Galicia”
2. Marcos Costa Fernández – “Tatin de sardiñas con Castaña de Galicia”
3. Andrea Senande Lema – “Tarta de queso y Castaña de Galicia, crumble de Castaña de Galicia y licor”.
Todos eles competirán en directo o 24 de xullo elaborando as súas receitas máis orixinais coa Castaña de Galicia como ingrediente principal.
Un xurado profesional valorará os pratos segundo a súa orixinalidade, sabor, presentación e técnicas empregadas. Ao remate do evento serán entregados os premios ás mellores receitas en cada unha das categorías.
A entrada á final é libre ata completar aforo.