O vindeiro xoves 17 de outubro a foodtruck de “Galicia sabe amar”, da Consellería do Mar, volverá parar no parking de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). É unha das furgonetas da campaña de promoción de peixes e mariscos galegos que impulsa este departamento autonómico seguindo diferentes rutas.
Esta iniciativa permitirá degustar gratuitamente en horario de 12h. a 15h. e de 18h. a 21h. nese punto de Sobradelo unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos, tal e como vén de anunciar a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González.