
Comeza a espertar o espírito do Entroido no oriente ourensán cos preparativos das rondas e de actos como a Fuliada da Mourela p’acá que, desta volta, terá como escenario Cernado (Manzaneda) o vindeiro 22 de febreiro a partir das 11h.. A celebración comezará coa tradicional petición de permiso e coa danza das Mázcaras.

A partir de aí virá a ronda pola localidadedo fulión, seguida da representación propiamente dita da fuliada (con versos e disputas) e, despois, fariñada. A veciñanza vén de facer público o seu cartel e a organización, en mans do Fulión da Mourela p’acá, conta coa colaboración do Concello de Manzaneda.