Despois de pasar por Alfafar, esta mañá a furgoneta dos voluntarios valdeorreses que levaban a axuda solidiaria para os afectados pola DANA trasladábase ata Catarroja. Esta localidade era o destinado o pasado 5 de novembro das tres primeiras furgonetas que se trasladaban con material de primeira necesidade dende Valdeorras ata terras valencianas.

Ademais volvían ao mesmo colexio onde depositaban parte de esa axuda, o Larrodé, onde comprobaban o avance dos labores de limpeza e recuperación do centro.
Fotos cedidas.
