
A Garda Civil detiña en Verín a unha condutora que se daba á fuga dun contro policial durante máis de 20 quilómetros. Os feitos acontecían ás 7:30 horas do venres 28 de febreiro de 2025, cando compoñentes do Destacamento de Tráfico e do Equipo de Investigación de Sinistros Viarios de Verín, que se atopaban na estrada N-525, a o seu paso polo municipio de Verín; realizaban un punto de verificación de alcol e drogas, con motivo do dispositivo de “Comadres-Entroido 2025”.
Os axentes observaron como un vehículo trataba de eludir o control policial, adiantando aos vehículos detidos pola esquerda, ocupando o carril destinado á circulación en sentido contrario. Un dos axentes fíxolle sinais para que detivese a súa marcha, “ao que a condutora fixo caso omiso, acelerando todavía máis a marcha, tendo o Garda Civil que saltar para apartarse e evitar ser atropelado. Tras iso, os gardas civís iniciaron un seguimento ao vehículo fuxido que durou máis de 20 quilómetros, durante os cales a condutora realizou adiantamentos circulando vehículos en sentido contrario e tratando de cambiar o sentido da marcha en numerosas ocasións”, segundo a Garda Civil.
Finalmente, e xa no municipio de Trasmiras, os axentes conseguiron bloquear a traxectoria do vehículo, reducir e deter á condutora, todo iso tras un violento forcexeo entre os gardas civís e á detida, a cal se negou a realizar as probas de alcol e drogas, tal e como indica a Garda Civil.
A condutora está investigada por tres delitos contra a Seguridade viaria (condución temeraria, condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas e substancias estupefacientes e por negarse a sometera as probas de detección alcohólica e de drogas), un delito de desobediencia e un quinto delito de atentado contra Axentes da Autoridade, tal e como sinala Garda Civil.
Imaxes cedidas pola Garda Civil.