ConcellosO BarcoÚltima hora

A Garda Civil toma declaración en calidade de investigado ao condutor dun camión por falsificar os rexistros do tacógrafo dixital

Era interceptado en Vilamartín e ao condutor atribuéselle un presunto delito de falsidade documental por usar a tarxeta de condutor doutra persoa

Foto: Garda Civil.

 

Axentes da Garda Civil do Barco de Valdeorras, especialistas na inspección do transporte, interceptaron un camión na Nacional 120, ao seu paso polo concello de Vilamartín de Valdeorras, e unha vez efectuadas as primeiras comprobacións, descubriron que a tarxeta que o condutor utilizaba dentro do tacógrafo dixital non se correspondía coa identidade deste, senón que era a do fillo do propio condutor.

Entón os axentes procedían a tomarlle declaración ao condutor do camión, “en calidade de investigado por un presunto delito de falsidade documental. Con esa práctica os tempos de condución e descanso non se rexistran na súa tarxeta persoal, podendo aumentar desta forma as súas horas de traballo ou a redución do seu tempo de descanso”, segundo a Garda Civil.

Esta fraude, que afecta directamente á seguridade viaria, “provoca un notable esgotamento nos condutores, os cales alongan as súas xornadas de traballo, e atenta igual e gravemente contra a propia ordenación do sector do transporte. Este tipo de feitos sométense ao procedemento penal desde hai uns anos, no que o Tribunal Supremo, a través da súa Sala do Penal, estableceu que unha das modalidades de falsificación corresponde a os supostos nos que “a formación de un documento pareza provir de un autor diferente do efectivo (falta de autenticidade subxectiva ou genuinidad)”, que é o que ocorre cando se conduce utilizando a tarxeta do tacógrafo doutro condutor”, tal e como indica a Garda Civil.

O atestado ten sido remitido ao Xulgado de garda dos do Barco de Valdeorras. Pode conlevar unhas penas de prisión de ata tres anos e multas de ata doce meses.

Back to top button