Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A gran Foliada de Entroido de Barbadás reta á chuvia

Pola Valenzá desfilaban na tarde do 5 de marzo 23 comparsas, 8 carrozas, 13 participantes nas categorías de parella e/ou individual e 1 contracharanga

Mantendo a súa hora habitual e pese á ameaza de chuvia, cobraba vida na tarde do 5 de marzo na Valenzá (Barbadás) a Gran Foliada do Martes de Entroido. Pola vía principal da vila desfilaban unhas 23 comparsas, 8 carrozas, 13 participantes nas categorías de parella e/ou individual e 1 contracharanga.

Multitude de persoas congregábanse nas rúas para ver este desfile cheo de cor e ritmo que apostaba por escorrentar á auga. A foliada concluía co acto de entrega de premios ás charangas, carrozas, comparsas e disfraces individuais, por parellas e infantís.

Os actos do Entroido concluirán en Barbadás no Mércores de Cinza cunha exposición e concurso de Mecos na praza Vella. Alí tamén terá lugar a súa queima, tralo desfile fúnebre que partirá ása 20:30h.

 

PREMIOS ENTROIDO 2019 en Barbadás

INFANTIL:
1.- Os octonautas da Rabela 0-5 ANOS BONO REGALO 200 €
2.- Caballero del zodiaco 6-10 ANOS BONO REGALO 200 €
3.- Marshmellow 11-14 ANOS BONO REGALO 200 €

CONTRACHARANGA:
1.- Os larpeiros lambóns 350 €

INDIVIDUAIS:
1.- WC URBANO 150 €
2.- LADY VENECIA 125 €

PARELLAS:
1.- CRAVEIS DE PAPEL 200 €
2.- OS CABALEIROS DO REFUGALLO 150 €
3.- REGRESO AL FUTURO II 100 €
4.- UN CONTO DE COR E FANTASÍA 75 €
5.- CARRALLO PA VELUTINA 50 €

COMPARSAS:
1.- A TROULA DAS VESPAS 400 €
2.- FLAMENCAS LEGIONARIAS 300 €
3.- STAR-WARS DANCE ESTILO LIBRE 250 €
4.- AS DE SEMPRE 200 €
5.- CHIMPANDO VELUTINAS 150 €

CARROZAS:
1.- GUERREROS DE PANDORA 500 €
2.- PINGÜINOS LOLAILOS 400 €
3.- MARY POUPPINS 350 €
4.- CURUXEIRAS 300 €
5.- PIÑOR MEDIOEVO 250 €

 

 

Artigos relacionados

Back to top button