A historia de San Paio de Abeleda, feita documental
10 de Setembro de 2015
A Asociación O Sorriso de Daniel presentará este traballo o 12 de setembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra en MonfortePatio interior do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.
Ao longo de 25 minutos o documental “A memoria de Abeleda” afonda na importancia dun dos edificios máis importantes da Ribeira Sacra, actualmente en estado de abandono: o mosteiro ourensán de San Paio de Abeleda. Será presentado ás sete da tarde do sábado 12 de setembro pola Asociación O Sorriso de Daniel no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.
Este traballo audiovisual de Iria Puga, e que conta co patrocinio da Universidade da Coruña, amosa tamén a necesidade de seguir traballando pola súa recuperación, na liña que vén desenvolvendo a asociación O Sorriso de Daniel dende o 2010.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.