Cunha saborosa pancetada e animación musical remataba a I Andaina da Santa Compaña, que se celebraba na tardiña e noite do 21 de xuño. O seu percorrido comezaba no Castelo de Arnado (Vilamartín de Valdeorras) e tras pasar por puntos como Correxais, regresaba ao mesmo punto de partida.

Unha vez alí había festa e os participantes podían recuperar forzas cunha pancetada. A iniciativa estaba promovida polo Concello do Barco, o Concello de Vilamartin e Ruta Xanzá.
Fotos cedidas.
