A IV Andaina e Trail San Xil Casaio (Carballeda de Valdeorras), que estaba previsto para o 11 de maio vén de aprazarse por causas medioambientais, segundo informa a organización da proba.
En concreto o motivo é “a presenza” na zona “de especies sensibles ou en época de cría, que podan verse afectadas pola celebración deste evento deportivo, en particular sobre especies de interese comunitario incluídos non anexo I da Directiva 92/43/CEE ou no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, tal como a aguia real, ou outras sensibles á calquera alteración dúas seus hábitats”.
Deste xeito esta IV Andaina e Trail San Xil Casaio pasará a celebrarse o vindeiro 27 de setembro. A proba estará organizada pola CMVMC da Serra de Casaio e Lardeira e Rutas Xanzá.