DeportesÚltima hora

A lanzadora valdeorresa Ana Raque Revuelta, campioa galega en F35 en disco

Ana Raquel Revuelta, nunha competición anterior./ Cedida.

No Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Máster, que se celebraba a pasada fin de semana en Lugo a valdeorresa Ana Raquel Revuelta (Sanysec – Club Ourense Atletismo ) vencía en disco F35, nun concurso moi regular, cun mellor lanzamento de 31.09 e sen baixar dos 30 metros en ningún dos seus tres lanzamentos válidos.

Isto permitiulle revalidar por terceiro ano consecutivo o seu título de campioa galega máster. Se o traballo llo permite, a súa intención é acudir a Durango a finais deste mes para disputar o campionato de España.

Back to top button