Cunha festa da escuma, ben acaída neste caluroso día, remataba na mañá deste venres 3 de xullo a “Ludoteca Móbil” da Deputación de Ourense que recalaba na praza do Concello de Rubiá. Alí, ao longo da mañá os cativos desfrutaron de xogos e brincos nos inchábeis, antes da refrescante festa pasada por auga.
Este programa ofrece, do 1 de xullo ao 30 de setembro, actividades de ocio para nenos e nenas en diferentes concellos da provincia.


Fotos cedidas.
