Con novos elementos e un coidado deseño, na tardiña do pasado xoves acendíase a iluminación navideña en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).
Con luces de diferentes tonalidades está elaborado o orixinal e fermoso nacemento que vén de instalarse no centro de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Está situado no parque infantil, nas proximidades da fonte de lousa. Outro elemento chamativo é o conxunto de luces que recrea a unhas persoas camiñando, preto da estación de ferrocarril.
Deste xeito a iluminación esténdese pola vila e non se limita só aos arcos de luz, senón que xoga cos elementos do entorno de forma orixinal e cálida. Deste xeito o Concello de Carballeda dalle á benvida ao Nadal.
Fotos: Carlos G. Hervella.