Avanzada xa a primavera e ás portas do verán celébranse cada ano as Festas patronais de Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras, na honra de Nosa Señora da Encarnación. Uns festexos que varían en función da Semana Santa e que neste 2025 terán lugar do 26 ao 28 de abril cunha programación incluirá coma sempre moitas música, unha ampla variedade de actividades infantís e como non, os cultos na honra á patroa.
Comezará o sábado 26 de abril en torno ás 10:30 horas coa alborada e pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional galega Raiola de Son. E xa pola tardiña, en torno ás 21 horas terá lugar a presentación de Arizona.
O apartado musical do domingo 27 de abril correrá a cargo da Charanga Europa que fará o pasarrúas a partir das 10:30 horas e tamén a sesión vermú; e a orquestra Finisterre que amenizará a sesión de tarde (20:45 horas) e tamén a verbena (00:30 horas). E entre medias, ás 22:30 horas, terá lugar un dos clásicos das festas de Sobradelo, a sesión de fogos artificiais que encherán de luz o ceo.
Así chegaremos ao día central das festas, o segundo luns de Pascua, este ano o 28 de abril, co pasarrúas da charanga El Tattoo a partir das 10:30 horas. Esta agrupación formada en Trives e que conta con músicos de diferentes partes da provincia, será tamén a encargada de acompañar á procesión que sairá ás 12:30 horas para percorrer a estrada central da vila antes da eucaristía na igrexa parroquial. Trala misa a sesión vermú correrá tamén por conta da charanga; e xa pola tarde, en torno ás 20 horas, comezará o baile (sesión longa sen verbena) coa orquestra Miramar.
Ademais haberá un programa especial para os nenos, no pavillón polideportivo. Alí haberá unha pista de coches de choque, un parque infantil e xuvenil cun circuíto run e de inchábeis, en horario de 16 a 20 horas.
Ademais, igual que noutras ocasións, durante os tres días de festa tamén haberá un tren turístico que irá dende o pavillón ata distintos puntos do pobo en horario de 16 a 19 horas, dispoñible para todas as idades, como un atractivo máis destas grandes festas coas que veciños e visitantes renden culto á Virxe dando a benvida ao esperado verán.