CulturaCulturaÚltima hora

A minería romana do ouro no Sil, analizada en Quiroga

As “Xornadas Río e Patrimonio” de Adega desenvolveranse o día 10 nesta localidade lucense
Túnel de Montefurado (Quiroga)./ Foto: Carlos G. Hervella
Túnel de Montefurado (Quiroga)./ Foto: Carlos G. Hervella

Cando se fala da intensa explotación aurífera romana que sufriu o noroeste da península unha das súas referencias é a rede fluvial. E se hai un río especialmente vencellado a ela é o Sil e a súa conca. De aí que para falar sobre esta cuestión Adega escollese o entorno deste cauce e, máis en concreto, Quiroga.

Así o sábado 10 de maio a Casa da Cultura desta vila acollerá, a partires das 10:30h. unha xornada adicada aos ríos e ao patrimonio industrial mineiro que se abrirá coa presenza do alcalde quirogués Julio Álvarez, de Alberto Anta, da Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e de Virginia Rodríguez, presidenta de Adega. De seguido, o arqueólogo Iván Antonio Álvarez falará sobre os sistemas de explotación aurífera nas beiras do Lor e do Sil, e a continuación abordarase “a vella minaría como recurso turístico” coas intervencións do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e do técnico do Concello de Quiroga, Ramón Vila.

O programa inclúe un xantar no río e, pola tarde, unha demostración de bateo na praia fluvial de San Clodio, a cargo do bateador afeccionado Humberto Abilio, xunto cun roteiro literario polo Camiño Ferradal. Esta xornada, que é gratuita, será organizada por Adega e polo Proxecto Ríos.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button