DeportesPescaÚltima hora

Tres membros do club de pesca Veira do Sil copan o podio do provincial de Spinning Costa

Os membros do club Veira do Sil cos premios./ Foto cedida.

 

O Campionato provincial Spinning Costa de Ourense foi íntegro para o club de pesca Veira do Sil do Barco. Tres membros do club valdeorrés copaban o podio da proba celebrada o pasado 1 de xuño no cabo Udra, en Bueu (Pontevedra).

Juanma López Maceiras era primeiro, Daniel Rodríguez Franco segundo e David Gómez Crespo terceiro, clasificándose para o autonómico que se celebrará o vindeiro 13 de xullo tamén en Bueu. Martín Vázquez da Silva, tamén do club, era cuarto.

 

Artigos relacionados

Back to top button