ConcellosManzanedaÚltima hora

A música tradicional protagonizará o “Verán Cultural” de Manzaneda

Este Concello vén de recoller o testigo para organizar na Cabeza de Manzaneda a fase final do certame celtibérico de bandas de gaitas en xullo

 

O parque do Temple en Ponferrada convertíase nesta fin de semana en escenario da segunda fase do “Certame Celtibérico de Banda de Gaitas 2024”, con agrupacións procedentes de Galicia, Asturias e Castelán León.

Neste domingo 9 de xuño o Concello de Manzaneda, representado polo seu alcalde Amable Fernández, recollía o testigo para acoller en xullo na Cabeza Grande a fase final do certame; así como na vila o “Serán de Seitura”. “No verán cultural de Manzaneda tamén celebraremos a nosa xa recoñecida “Tarde de Baile e a Música Tradicional” onde os integrantes adultos e a cativada das pandereiteiras “A Quinchousa Oscura” a “Asociación de Baile A Pinguela” acompañados de grupo de baile e percusión demostrarán a destreza local no eido do noso patrimonio cultural inmaterial”, din dende o Concello de Manzaneda.

Por último neste verán 2024 en Manzaneda tamén se poderá desfrutar do grupo de acordeonistas locais “Airiños da Porta Falsa”, así como do patrimonio cultural inmaterial coas “39º Xornadas de Folclore”.

Back to top button