OurenseSanidadeSen categorizar

A nova xunta directiva do Colexio Médico de Ourense toma posesión

Foi no decurso dos actos do “Día do Médico 2014”, celebrados no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense
Directiva do Colexio Médico de Ourense.
Directiva do Colexio Médico de Ourense.

A nova xunta directiva do Colegio Médico de Ourense, que preside José Luis Jiménez Martínez, tomaba posesión no acto celebrado o 6 de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade con motivo do “Día do Médico 2014”. Esta data está pensada como “un modo de compartir cos profesionais e os cidadáns o seu compromiso coa sanidade ourensá”, segundo o colexio.

Durante esta celebración tamén se lle daba publicamente á benvida aos novos colexiados, “en especial aos residentes de primeiro ano que inician a súa andaina profesional neste colexio médico” e ofrecíase unha “merecida homenaxe aos médicos que se xubilaron no último ano coa imposición de insignias honoríficas”, segundo se informaba dende esta institución ourensá. Tamén no marco deste acto se fixo entrega dos galardóns dos certames que o colexio convoca anualmente: Premio Cabaleiro Goás de trabajos científicos, Premio de Publicaciones e Axuda anual a Programas de ONGs.

Foto: Foto Estudio Marisol Rodríguez

Máis información na edición de xullo en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button