CulturaCulturaÚltima hora

A obra da barquense Patricia Fernández abre o número 5 do fanzine “Nativ@s”

Patrica Fernández, xunto a varias das súas obras./ Foto: A.R.

 

“Dende que teño uso de razón tiven un lapis na man, polo que non podo dicir en que momento empecei a tomarme isto en serio, supongo que sempre formou parte da miña vida e da miña maneira de expresarme”. Así se presenta a creadora barquense Patricia Fernández “lapintiparada” nas páxinas do fanzine “Nativ@s” (con dirección de Miguel Cutrín), cuxo número 5 abre coa súa obra.

Graduada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e, posteriormente, en Ilustración Dixital e en deseño gráfico, Fernández achega nesta publicación unha escolma da súa obra , na que recorre a diferentes técnicas (grafito, bolígrafo, óleo sobre lenzo, dixital, óleo sobre táboa) e exprésase a través do hiperrealismo en ilustracións e pinturas.

 

 

“Dise que o rostro é o espello da alma e os ollos os seus delatores. Cando creo unha obra sinto que estou pintando un segredo, que detrás dun sorriso ou dunha mirada agóchase unha vida chea de vivencias. É moi irónico que a cara sexa o noso abributo máis íntimo, xa que a amosamos ao mundo día a día sen que ninguén saiba o que realmente se agocha detrás”, escribe Patricia Fernández no fanzine. Un texto no que remata expresando o seu desexo de dedicarse unicamente á creación artística e “amosarlle ao mundo o que sei facer”.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button