CulturaMúsicaÚltima hora

A organoloxía da gaita

Expertos de toda Europa participan na xornada que se celebraró o 27 de setembro en Ourense

Xornadas sobre Organoloxía da Gaita copia

O vindeiro sábado día 27 de setembro, celebraran se no Auditorio Municial de Ourense as Xornadas sobre Organoloxía da Gaita, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos que contarán cos mellores músicos, etnomusicólogos e estudosos da materia chegados dende toda a península e Europa.

As xornadas abriranse pola co relatorio de Pablo Carpintero, que explicará as diferentes tipoloxías das gaitas de fol que se coñecen no noroeste da península Ibérica dende a Idade
Media ata o momento actual. Posteriormente Xose Lois Loureiro, da Asociación cultural “Berros do Castro” presentará o novo traballo desta asociación “Tanto encanto reunido” un libro-CD editado que recompila imaxes antigas de músicos populares, grupos, murgas e bandas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Seguidamente, os irmáns Castor e Félix Castro Vicente, músicos e investigadores en música tradicional e etnografía galega falarán sobre as transformacións na organoloxía da gaita en Galicia. A seguinte conferencia levaranos ata Aragón, de onde é Mario Gros, artesán investigador da tradición oral e dos músicos e instrumentos aragoneses que será o encargado de falar sobre a gaita que se toca nesa rexión. Para finalizar a xornada da mañá, corresponderalle a Juan Alfonso Fernández, director do museo da gaita de Gijón, gaiteiro e zanfonista, falar sobre a gaita asturiana.

Xa pola tarde, haberá un relatorio sobre a situación da gaita galega na paisaxe organolóxica e histórica das gaitas, que correrá a cargo de Jean-Pierre Van Hees, profesor de Musicas tradicionais. A continuación terá lugar unha mesa redonda onde etnomusicólogos e estudosos da materia falarán sobre a “Aculturación no mundo da gaita”, dando a posibilidade a todos os asistentes
a participar na mesa de forma activa.
Para rematar a xornada, ofreceranse dous concertos a cargo de Jean-Pierre Van Hees Faustino Luis Seoane, gaiteiro e artesán.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button