Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A pasarela da Pincheira, un dos puntos polos que pasará a II Andaina (25k) “Serra do Cereixido” da Rúa

Pasarela peonil da Pincheira.

 

Pouco máis de dúas semanas quedan para que se celebre a II Andaina A Rúa “Serra do Cereixido” polos montes rueses, prevista para o domingo 4 de outubro. Unha proba moi dura, con grandes desniveis e atravesando o monte, pero tamén moi fermosa con espectaculares vistas sobre o val, pasando por Somoza, San Xulián, A Fonte de Trave e Roblido, por soutos, pistas e regatos como o da Pincheira cuxa pasarela de madeira era recentemente arranxada tras ser arrasada polos arrastres na terrible tormenta de xuño.

Organizada polo Club Atletismo Rúa coa colaboración do Concello, a andaina forma parte da Liga Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo e contará con dúas distancias: unha de 25 km que sairá ás 9.30 horas a e outra de 17 km que sairá ás 10 horas, ambas coma sempre dende a praza Enriqueta Casanova de Fontei.

 

Track da andaina de 25k.

 

Haberá clasificación individual masculina e femenina e tamén de regularidade. A proba de 25 km. conta cun tempo mínimo de 4 horas, en un tempo máximo de 6 horas e media, por debaixo deste tempo será penalizado coa desclasificación, segundo o regulamento.

Máis información e inscrición na web de Sportmaniacs, onde xa figuran máis de 130 inscritos, a maioría na ruta longa e moitos pertencentes ao Club de Sendeirismo Trabandainas.

 

 

Fotos: Club Atletismo Rúa.

Back to top button