
A V Carreira San Bartoliño da Pobra de Trives terá lugar o vindeiro sábado 24 de agosto. Así, os participantes sairán da Praza de Abastos ás 19:00 horas, con percorridos diferentes segundo a categoría.
As categorías serán: de 2 a 4 anos, de 5 a 7 anos, de 8 a 10 anos, de 11 a 13 anos, e de 15 en adiante. É unha proba non competitiva na que haberá medallas para todos. Os participantes poderán inscribirse media hora antes, na mesma praza.
