EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

O produto local e fresco, protagonista da degustación “Quere o teu mercado”, na Praza de Abastos do Barco

 

Na mañá deste sábado 31 de maio, paralelamente á Feira do Viño, celébrase na Praza de Abastos do Barco de Valdeorras a actividade Quere o teu mercado. Unha iniciativa, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello do Barco, que busca incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros, a través dos mercados e prazas de abastos.

 

 

Na do Barco, era a actuación da pandeireteira María Faltri, quen daba a benvida aos clientes que degustaban depetiscos elaborados con produtos de cada un dos postos:

  • Pescadería Pamela, Ceviche lubina
  • Frutería Encina, Fresa y kéfir de cabra
  • Carnicería Toño, Vitello tonato de lengua
  • Carnicería Odilo, Rollo de carne y verduritas
  • Charcutería a Lola, Canutillo de cachucha y mousse de queso y hierbas
  • Embutidos Hervella, Tartar de salchichón y tomate
  • Pescaderia Laura, Corvina marinada

Os clientes da praza levaban tamén unha bolsa de tea como agasallo da campaña.

 

Cedida.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button