OurenseÚltima hora

A Policía detén en Ourense a unha persoa por lesións con arma blanca

Os feitos tiveron lugar tras unha discusión entre dous clientes dun bar

 

Sobre as 01:30 horas do pasado venres 25 de abril axentes da Brigada Provincia de Seguridade Cidadá de Ourense foron comisionados pola Sala de Coordinación CIMACC-091 a unha chamada na que se informaba da existencia de problemas cun cliente dun bar do barrio de “O Vinteún”.

“Á chegada do radiopatrulla localízase a un home cunha ferida punzante nun costado, o cal manifesta que acababa de ser agredido por un individuo co que, momentos antes, mantivera unha discusión”, segundo informa a Policía Nacional.

Os axentes actuantes, tras unha batida polas inmediacións, localizan ao presunto autor dos feitos ao que interveñen entre as súas pertenzas a arma coa que presuntamente agrediu á vítima.

O presunto autor dos feitos era detido e posto posteriormente a disposición xudicial.

Back to top button