A Policía Local do Barco conta cunha nova moto, que substitúe á que estaba agora en servizo, de 15 anos de antigüidade. A moto, rotulada e equipada con sinais luminosas e sonoras, tivo un custo de preto de 10.000 euros, segundo informa o Concello do Barco.
Trátase dunha motocicleta Honda ADV 350, adaptada para o seu uso tanto urbano como para pistas de terra. O vehículo completa o parque móvil co que conta a Policía Local do Barco.