Neste 2 de outubro, festividade dos Anxos Custodios, a Policía Nacional celebraba en Ourense aos seus patróns con varios actos institucionais.
Así a programación incluía unha cerimonia relixiosa celebrada na Catedral e un acto de entrega de condecoracións que se desenvolveu, de seguido, no Liceo Recreo Ourensán e que contou coa presenza de numerosas autoridades, entre elas o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González.