OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a un home por tráfico de drogas e intervén cocaína e diñeiro en metálico

Foto: Policía Nacional.

 

Os axentes de Policía Nacional integrantes do Grupo de Estupefacientes da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Comisaría de Ourense levaron a cabo o 12 de decembro a detención dun home como presunto autor dun delito contra a saúde pública ao estar en posesión de cocaína e diñeiro en metálico, culminando así varios meses de investigación, orientados a conseguir a desarticulación dun importante punto de distribución de substancias estupefacientes en Ourense, no que se denominou policialmente como “Operación Flower”.

“Policías de Grupo de Estupefacientes da Comisaría de Policía Nacional de Ourense, tiñan coñecemento que o investigado, o cal é coñecido do lecer nocturno na cidade de Ourense, estaba a realizar viaxes fóra da provincia, ao obxecto de comprar substancias estupefacientes para a súa posterior venda e distribución. Tras numerosas dilixencias policiais de investigación localízase un garaxe no cal esta persoa escondía e gardaba a droga”, tal e como informa a Policía Nacional.

Como culminación á Operación Flower, no día de onte establécese un dispositivo policial, no que se procede á detención do individuo no interior do garaxe e no rexistro do mesmo, ocupáronse aproximadamente 2 quilos de cocaína, 200 gramos de haxis, 40 gramos de MDMA e diñeiro en efectivo.

Previa autorización xudicial, practicouse un segundo rexistro nun piso situado nunha coñecida rúa da cidade no que residía. Como resultado do rexistro conseguiuse a intervención de 15 gramos de cocaína, unha gran cantidade de diñeiro en metálico e diñeiro en moeda falsa.

“Desmantélase así un importante punto de almacenamento, tráfico e distribución de drogas na cidade, cumpríndose así un dos obxectivos marcados polos plans estratéxicos do Ministerio do Interior en canto á loita contra o tráfico de substancias estupefacientes, pola súa repercusión para a seguridade cidadá”, indican dende a Policía Nacional.

Back to top button