OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a un home como autor dun roubo con violencia e outras dúas tentativas

 

Axentes de Policía Nacional detiñan na mañá do 12 de marzo unha persoa como autor dun delito de roubo con violencia e intimidación nun establecemento comercial da cidade de Ourense e de dúas tentativas de roubo con violencia e intimidación.

O primeiro feito tivo lugar ao redor das sete da tarde do día 23 de xaneiro, nun comercio situado carca do parque do Posío. “O xa detido entrou no establecemento tapándose o rostro cun anorak e unha máscara e, introducindo as mans no abrigo, coma se empuñase algo, pediulle á dependenta que lle dese todo o diñeiro da caixa. Un mes máis tarde, o 25 de febreiro, sobre as cinco da tarde. O mesmo individuo accede ao interior dun comercio e novamente, tapando o seu rostro cunha carapucha, e esta vez esgrimindo na súa man un cúter, ameaza á dependenta para que lle dea o efectivo da caixa, non conseguindo o ladrón finalmente acceder ao diñeiro e fuxindo do comercio. Minutos máis tarde e tras ver frustrado o seu intento de roubo con intimidación, accede ao mesmo establecemento comercial en que o día 23 de xaneiro xa roubara, ameazando novamente á dependenta e pedíndolle o diñeiro da caixa. Iníciase entón un forcexo entre a vítima e o ladrón, acabando coa fuxida deste último”, tal e como informa a Policía Nacional.

Despois das pertinentes denuncias por parte das vítimas, iniciábase a investigación destes feitos, e tras as xestións realizadas pola Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial de Ourense, lográbae o esclarecemento dos feitos así como a identificación e posterior detención do autor do delito.

O detido, unha vez practicadas todas as dilixencias para o esclarecemento dos feitos, era posto ao dispor xudicial.

Back to top button