OurenseÚltima hora

A Policía Nacional en colaboración con Policía Local de Ourense detén a un individuo por causar danos a varios vehículos estacionados na vía pública

 

Axentes da Policía Nacional, en colaboración con Policía Local de Ourense, prodecían á detención dunha persoa que durante a madrugada do pasado día 17 de abril “causaría danos de diversa consideración a, polo menos, cinco vehículos e unha motocicleta que se atopaban estacionados na rúa Cabeza de Manzaneda e inmediacións”.

Sobre a unha e media da madrugada a Sala de Operacións CIMACC091 alertou acerca dun individuo que transitaba por Peña Corneira “causando danos a distintos vehículos que se achaban estacionados en vía pública”, segundo a Policía Nacional. Ata o lugar trasladáronse efectivos de Policía Nacional que comproban a veracidade da chamada, á vez que informaban ao resto de dotacións de servizo e que se contacta con Policía Local, dando conta do sucedido e interesando localización do autor. Froito desta coordinación, o presunto autor dos danos era localizado nas inmediacións da Praza Maior, detido e posto posteriormente a disposición xudicial.

“A actuación policial conxunta que posibilita a detención do autor dos feitos é o resultado do constante labor de coordinación e colaboración entre ambos os corpos policiais, sobre todo naquelas cuestións relativas ao lecer nocturno, á prevención de roubos en establecementos e roubos en interior de vehículo, ou deslucimiento de bens urbanos, entre outras”, sinala a Policía Nacional.

Back to top button