CarballedaConcellosÚltima hora

A ponte de Sobradelo cortarase ao tráfico mañá por traballos de asfaltado

Imaxe de arquivo da Ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O martes 28 de novembro cortase ao tráfico rodado a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) pola realización de traballos de asfaltado mediante capa de rodadura de aglomerado, segundo se vén de informar dende o Concello de Carballeda de Valdeorras. Esta ponte une a estrada de Éntoma (O Barco) coa N-536.

Ademais, o Concello de Carballeda detalla que pola mañá os cortes serán de 9h. a 13h. e , polo tarde, de 14h. a 18h.. “O tráfico restablecerase tan pronto como conclúan os traballos de estendido e compactado do aglomerado”, indica a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, indicando tamén que “en caso de emerxencia sanitaria ou de calquera outro tipo facilitarase o paso. Os horarios en todo caso serán estimativos”.

Artigos relacionados

Back to top button