EconomíaEconomíaÚltima hora

A ponte de Todos os Santos deixa na Ribeira Sacra cifras de ocupación históricas

Panorámica da Ribeira Sacra./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Cos datos recollidos ate o de agora, a ocupación na ponte de Todos os Santos ten sido a máis alta na Ribeira Sacra dende que hai rexistro (92%), “só igualada no ano 2019, ano récord para o turismo no xeodestino. Tal e como vimos insistindo nos últimos meses, o número de prazas por aquel entón dista moito do actual, entre outros motivos debido ao crecemento do xeodestino e das numerosas altas de VUT’s que se rexistran anualmente. Se no 2019 se ocupaban por esta Ponte unhas 4800 prazas diarias, no 2024 acadamos as 8555″, tal e como se informa dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

As condicións meteorolóxicas favorables parecen ser as responsables do aumento das previsións de ocupación que os xestores tiñan a comezo da semana pasada (+ 5%). Así mesmo, o consorcio destaca a celebración nestas datas dunha importante cita do panorama musical galego, como é o Castañazo Rock, en Chantada, e propiciou que a vila e arredores acadasen o 100% de ocupación, con reservas efectuadas incluso meses antes da celebración do evento”.

Esta ponte de Todos os Santos continúa a ser a ponte de todo o ano en tempada baixa con maior ocupación. As cifras das pasadas son as seguintes:

Ponte 1 maio: 82,20 %
Ponte Letras Galegas: 63,50%

A ocupación (provisional), segundo os dato consorcio, por categoría quedaría desagregada do seguinte xeito:

Hoteis 4 e 3*: 92 %
Turismo Rural: 100 %
Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 84 %
Outros alox. (albergues, pensións, campings, aptos, hoteis 2 e 1*): 92%

Back to top button