PolíticaÚltima hora

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visita a Feira do Viño de Quiroga

Nesta mostra reclamaba o apoio “constante e coherente” ao sector e medidas a curto prazo diante dos efectos da guerra dos aranceis*

 

“O BNG vai ao debate do Estado da Nación con ánimo construtivo, poñendo no centro os problemas que preocupan á cidadanía e que afectan de cheo nas súas vidas”, aseguraba este domingo a voceira nacional do BNG Ana Pontón  este domingo durante a súa visita á Feira do Viño de Quiroga, que aproveitou para debullar as propostas do BNG en materia de vivenda, a principal preocupación hoxe en día da cidadanía e que, malia ser un dereito fundamental, “é misión imposible para miles de persoas”, especialmente para a mocidade pero tamén para as familias con menos recursos.

Nun contexto no que se están dando subidas de máis do 50 % nos prezos dos alugueiros, a líder da oposición avogou por un “cambio de rumbo” para frear a especulación coa vivenda e a crise habitacional, da que responsabilizou directamente o Executivo de Rueda, que pasou quince anos “dinamitando” as políticas sociais neste eido e agora “promete facer en catro anos o que non fixo en quince”.

A alternativa que o BNG presentará no Debate do Estado da Nación céntrase en dúas cuestións fundamentais, segundo avanzou Pontón. A primeira, un plan para a creación dun verdadeiro parque público de vivenda, que incorpore 12.000 novos pisos, até acadar os 16.000 en dúas lexislaturas. E a segunda, unha estratexia para frear os prezos do mercado libre de vivenda.

Máis polo miúdo, avogou por facilitar a declaración de zonas tensionadas -que o PP está a boicotear desde a Xunta- e a mobilización efectiva de inmobles baleiros, tendo en conta que só nas grandes cidades do País existen 90.000 vivendas sen habitar, un patrimonio enorme que se pode destinar ao alugueiro a prezo taxado, salientou. Para completar estas medidas, o Bloque proporá a limitación e o control dos pisos turísticos, establecendo un tope de VUT en Galiza, adiantou.

Pontón criticou a política a golpe de titulares do PP, que non tomou “nin unha soa medida real para facilitar o acceso á vivenda”. Máis ben ao revés, as iniciativas de Rueda van “en dirección contraria”, destacou, lembrando neste sentido que o PP recortou un 50% o investimento en vivenda e cada ano deixou millóns de euros sen executar. Do Plan de Vivenda 2015-2020, que tiña por obxectivo acadar as 870 novas vivendas de promoción pública, tan só se construíron 40 en seis anos,exemplificou.

 

 

Apoio ao sector do viño

A líder do BNG aproveitou a visita á Feira do Viño de Quiroga para reclamar medidas a curto e medio prazo de apoio ao sector vitivinícola, que está a pasar, apuntou, “un momento complexo, pendente das turbulencias internacionais derivadas dos aranceis”. Reclamou así apoio técnico e financeiro, a través do Igape, para as empresas afectadas polos aranceis, cun programa de diversificación e apertura de mercados alternativos e un plan para mellorar a valoración dos produtos das denominacións de orixe e adaptarse á demanda de mercados emerxentes, como Asia-Pacífico, América Latina ou Oriente Medio.

O BNG aposta así mesmo por reforzar as oficinas de internacionalización para asesorar, buscar importadores alternativos e negociar novos acordos comerciais internacionais.

 

A portavoz nacional do BNG sostivo que, máis aló da guerra arancelaria, o sector do viño precisa unha estratexia de apoio “constante e coherente”, con medidas como os contratos homologados entre o sector produtor e o transformador e fórmulas que permitan o pago ao contado da uva.

 

Recuperar as Mesas do Viño como vía de diálogo entre sector e administración, unha nova lei sobre a base do potencial vitivinícola do País, fomentar o arrendamento de superficie de cultivos de vide a través do Banco de Terras ou desenvolver unha estratexia de promociónn de zonas vitivinícolas e de enoturismo son outras das propostas do BNG que Pontón expuxo en Quiro

Back to top button