
A Praza de Abastos celebraba o Día da Muller este 8-M cunha foto de grupo das Praceiras e a lectura dun manifesto a cargo de Isolina Morais, praceira galardoada co premio de 8Mulleres Ourensás, mes a mes da Deputación de Ourense.
Durante a xornada repartíronse de maneira gratuíta lazos conmemorativos do Día da Muller, e regaláronse bolsas reutilizables en colaboración con Cruz Vermella da campaña “Contrata Sen”, na que se tenta sensibilizar sobre a importancia de apartar os estereotipos “Contrata …sen importar a idade, sexo, nin procedencia”
A Praceiras tamén aproveitaron esta celebración para a gravación dun onde se fai un chamamento á igualdade coa mensaxe , “Este 8 M sigamos reivindicando, pola igualdade e polo respecto, a diversidade e a nosa forza a igualdade e ou noso dereito, sigamos reivindicando, ata que non faga falta facelo”. Lema central deste ano.
“Os Mercados e en especial o ourensán, sempre foron espazos onde as mulleres foron o corazón dos mesmos e transmitiron vida ás cidades, con figuras como as Rianxeiras, que sostiveron as familias durante décadas”, destacan dende a Praza de Abastos.

Manifesto lido no acto
As praceiras e mulleres, de Ourense sumámonos á celebración do día Internacional da Muller.
-Queremos rendirlle homenaxe a todas as mulleres que ao longo da historia desta cidade desenvolveron unha doble actividade, laboral, compaxinada sempre coas tarefas domésticas e coidado da familia.
-Especialmente as Praceiras que son maioría nos mercados, mulleres bravas, que quitaron a fame durante décadas co seu traballo.
-As Praceiras trasforman os mercados no corazón das ciudades e tramiten vida as mesmas.
-Este 8 M sigamos reivindicando, pola igualdade e polo respeto, a diversidade e a nosa forza a igualdade e o noso dereito, sigamos reivindicando, ata que non faga falta facelo.
-Vivan as mulleres de Ourense.
Feliz día!