EconomíaEconomíaÚltima hora

A presidenta da CEO, Marisol Novoa, recibe a Medalla de Ouro de RadioTurismo na 25ª edición de Xantar

 

No marco da 25ª edición de Xantar, o prestixioso salón internacional de turismo gastronómico, Marisol Novoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), foi galardoada coa Medalla de Ouro de RadioTurismo.

A entrega tivo lugar durante a cerimonia dos Premios Pratos de Ouro de RadioTurismo, celebrada en Expourense, e recoñeceu o seu apoio e compromiso incondicional co recinto feiral e, en especial, coa feira Xantar. Este galardón destaca a profunda implicación de Novoa, tanto a nivel persoal como profesional, con Expourense, ao demostrar sempre a súa dispoñibilidade para a institución e a súa constante presenza en todos os eventos aos que foi convidada.

A través deste premio, Expourense recoñece a destacada traxectoria de Marisol Novoa como líder empresarial e a súa incansable dedicación a promover o desenvolvemento económico da provincia, apoiando eventos crave como Xantar e outra feiras realizadas na entidade.

 

Marisol Novoa expresaba a súa gratitude polo galardón e resaltou a importancia de Expourense e Xantar como motores económicos e gastronómicos para a rexión. “Este recoñecemento reforza o meu compromiso, tanto a nivel persoal como profesional, con Expourense e con todos os eventos que aquí se celebran, especialmente Xantar, que é unha plataforma para a promoción da nosa gastronomía e unha oportunidade para impulsar a sustentabilidade no sector”, sinalou emocionada.

Os Premios Pratos de Ouro de RadioTurismo distinguen aos mellores restaurantes e hoteis pola súa excelencia no sector gastronómico, destacando a súa dedicación e a súa capacidade para ofrecer experiencias culinarias excepcionais. Esta 25ª edición de Xantar reafirma o valor destes encontros como impulsores do turismo e a gastronomía de calidade en Galicia.

Back to top button