





































Neste sábado 24 de xuño arrancaba no Barco a competición da V Subida a Valdeorras, cita do Campionato de España de Montaña. A maquinaria da proba poñíase en marcha a partir das 9h., se ben non sería ata as pasadas das 10:30h. cando comezaban os entrenos que, logo daban paso á competición.
Uns 30 pilotos, de diferentes partes de España, compiten nesta proba, na que tamén hai representación valdeorresa. O líder desta primeira xornada era o vasco Joseba Iraola (NOVA NP01), seguido do galego Jacobo Senín.
Fotos: Carlos G. Hervella.
24 de Xuño de 2023