SanidadeÚltima hora

A provincia rexistra 4 novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na últimas horas Galicia vén de rexistrar 15 falecementos de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tal e como vén de notificar a Consellería de Sanidade. Catro destas mortes tiñan lugar na provincia de Ourense.

Trátase dun home de 78 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, dunha muller de 88 anos que faleceu na Residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, dunha muller de 97 anos ingresada no CHUO (e tamén procedente da Residencia Nosa S. de Barbadás) e dunha muller de 98 anos que falecía faleceu na Residencia Nosa S.  dos Miragres de Barbadás. Os catro presentaban patoloxías previas.

Ademais en Galicia perdían a vida outras 11 persoas: un home de 88 anos, un home de 71 anos e unha muller de 66 anos que estaban ingresados no CHUAC, unha muller de 92 anos (procedente da Residencia As Fragas-Pontedeume) e unha muller de 54 anos ingresadas no CHUF, un home de 84 anos, que faleceu no seu domicilio da área sanitaria de Ferrol (Fene): unha muller de 94 anos ingresada no HULA (procedente da Vivenda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada); unha muller de 84 anos, ingresada no Hospital da Mariña (procedente da residencia de San Cibrao de Cervo), unha muller de 83 anos ingresada no HULA, unha muller de 91 anos ingresada no Hospital do Salnés (procedente da Residencia DomusVi-Ribadumia) e un home de 72 anos ingresado no CHUS. Todos eles presentaban patoloxías previas, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button