A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimos horas en Galicia de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 88 anos que falecía o 15 de decembro no Hospital Universitario de Ourense e dunha muller de 88 anos que perdía a vida o 16 de decembro nese mesmo centro sanitario. Son xa 461 as persoas falecidas na provincia dende o inicio da pandemia.
Ademais o 15 de decembro falecía un home de 66 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra e o 16 de decembro un home de 74 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
As catro persoas falecidas presentaban patoloxías previas.